É o último espectáculo de Xerpo, feito a partir do texto do mesmo nome de Irene Moreira, directora da compañía e responsábel da parte artística e organizativa.
Salpicados fala de actualidade sentimental, fala dos problemas desta sociedade reflectidos nos pensamentos das persoas, fala de frustracións, de ilusión, de traizón, de aquí e agora.
Tres personaxes compoñen o esquelete de esta obra que fixo reflexionar a todos os asistentes á sua estrea no Círculo Recreativo Cultural do Porriño o 24 de Setembro, persoaxes tan comúns coma especiais, coma todas as persoas:
Unha muller cansa, un home espido e unha persoa soa.
Cada un accede a unha historia cando ve a obra, cada persoa extrae a sua conclusión e todas son acertadas por que cada persoa mira unha identificación no texto ou nos personaxes.
É unha obra de autora caracterizada por achegarse a esencia da directora, a poética da posta en escea non deixa de xogar ca poética do texto nunha obra que se basea na dirección de actores e na creación.
|