Ultimas novas de Xerpo Área artística Área de formación Área de xestión Área de servizos Algo sobre Xerpo paxina principal

Presentación da Compañia de Teatro Xerpo.

 

A compañia de teatro Xerpo fúndase no 1997 e no ano 1999 constitúese como asociación cultural con adicación exclusiva ao teatro. Actualmente está composta por:

 

Actores e actrices:

Keka Losada
Alejandro Sobrino


Escenógrafa e figurinista:

Cristina Pérez Leirós.


Diseñador gráfico:

Jorge Bolado Moo


Dirección:

Irene Moreira Fontán

 

 

            Durante todos estes anos a compañía tivo un modelo de autoxestión que ate o de agora fixo posíbel a inversión en material escénico básico (iluminación, son, escenografía e vestiario).

            A compañía aposta por un teatro que fusione o contemporaneidade na que vivimos  coa tradición teatral anterior. Isto reflíctese en todos os seus espectáculos para os que se utilizan textos propios.

Xerpo é unha agrupación teatral cun funcionamento democrátrico, plural e de carácter aberto. É unha formación marcada por un conxunto de ideas propias da dramaturxia e do teatro. O noso único interese é a formación e a aprendizaxe dramática, sendo o noso obxectivo primordial o teatro. O teatro entendido como expresión cultural, histórica e, fundamentalmente, un medio de comunicación.


 

Currículum de Xerpo.

2008, monográficos sobre malabares e percusión no San Xerome Emiliani de A Guarda.

2008, organización da programación do entroido do Porriño. Actos de concurso do Rei do entroido, Cuquín.

2008, Cabalgata de Reis de Mondariz balneario.

2007, Constitúese coma empresa cultural, organiza o curso intensivo de Flamenco coa profesora Rossa Romero Fontao, animación de rua “Pirdidiños” e estrea “Salpicados” a nova obra de Irene Moreira. Tamén neste ano crea a Escola Municipal de Teatro do Porriño e colabora na creación do colexio San Xerome Emiliani de A Guarda o espectáculo "O Lago dos Cisnes" con motivo da III Mostra de Teatro Especial de Lugo.

2006, “Faustino Canino e as suas feras”, animación de rua.

2006, Mostra do campo de traballo teatral de Xerpo

2006, Campo de traballo teatral de Xerpo.

2005, animacións á lectura estábeis durante todo o curso escolar “Lúa Conluvas”.

2005, espectáculo “Facendo a rua”.

2005, animacións estabeis de rúa durante 2 meses “Pinico”.

2004: “U.T.S. (Unidade de Tratamento do Sono)”.

2003: “contardanza”. (espectáculo de rúa).

2003 Guirihai, co apoio técnico de Xerpo realiza unha revisión de “Teñamos o sexo en paz” de Darío Fo

 2002 Creación doutro novo grupo de teatro “Guirighai”, que forma a Directora de Xerpo para o ano seguinte fusionarase tamén con Xerpo.

2002: “Trapos sucios”.

2002 “Non hai ladrón, que por ben non veña” de Darío Fo.Kasekenón, co apoio técnico de Xerpo na estrea e na xira

2001: “Lume Vagalume”.

2001 Creación dun novo grupo de teatro “Kasekenón”, que vai formando a Directora de Xerpo e que no ano 2003 fusionarase con Xerpo.

2000, Montaxe realizado na prisión de Pereiro de Aguiar de Ourense (Contratación Comité Cidadá Antisida de Ourense).

2000: “3000 pompas fúnebres”.

1999: “O comic a escena”.

1999: “Espectáculo de teatro na rúa” "A patrulla do condón" (Comité Cidadá Antisida de Ourense).

1998-1999: “Trasnadas”. (Teatro infantil).

1997-1998: “Teñamos o sexo en paz”.