![]() |
![]() |
![]() |
||||||||||||||
|
Novidades | |||||||||||||||
Curso 08/09Aberta a reserva de praza!Consulta na OMIX do Centro Cultural ou no correoxerpoteatro@xerpocultural.com |
Enche este formulario de reserva de matrícula e entrégao na OMIX do Porriño, no Centro Cultural. |
|||||||||||||||
Estas son as materias nas que te podes matricular, tamén vos adiantamos que ao longo deste curso teredes oportunidade de participar en monograficos sobre varias especializacións escénicasFai click en cada materia para ver a súa descripción |
||||||||||||||||
Teatro para pequenos (de 7 a 11 anos). Impartido por Keka Losada.
É unha materia para que os máis pequenos se familiaricen co medio escénico e dun xeito moi lúdico descubran as súas capacidades para a escena. (20 prazas). Realízase en dúas sesións á semana dunha hora de duración Teatro para nenos (de 12 a 15 anos). Impartida por Álex Sobrino.
Nesta idade xa moitos nen@s comezan ter inquedanzas dramáticas propias,que mellor maneira de explotalas que ensinándolle normas básicas do escenario. (20 prazas). Teatro para mozos (de 15 a 18 anos). Impartida por Irene Moreira.
Nesta idade de vergonzas e valentías é un bó momento para probar ca escena, iniciarse nesta arte e no seu traballo en equipo. (20 prazas). Interpretación I. (A partir de 18 anos). Impartida por Irene Moreira.
Materia complexa que require de tempo e experiencia é por iso que este é o primeiro nivel desta materia. (20 prazas). Interpretación II. (A partir de 18 anos). Impartida por Irene Moreira.
Só se pode realizar se se ten superada Interpretación I, é o segundo nivel da materia. Caracterización. (A partir de 14 anos). Impartida por Álex Sobrino.
Materia práctica que inclúe material e aporta coñecementos básicos sobre a maquillaxe escénica. (10 prazas). Actividades circenses. (A partir de 14 anos). Impartida por Álex Sobrino.
Materia práctica, deportiva e expresiva que sorprende e descubre habilidades que descoñeciamos. (15 prazas). Historia do teatro e das artes. (A partir de 16 anos). Por Irene Moreira.
Un punto de vista novo da historia, parándonos en escenarios e espectáculos que destacaron en cada época. (15 prazas). Dramaturxia. (A partir de 16 anos). Impartida por Samuel Merino
As ferramentas de análise dun texto e da súa posta en escena son fundamentais para apreciar os espectáculos. (15 prazas). Técnicas artísticas aplicadas á escena. (A partir de 14 anos). J.Bolado Moo
A través do coñecemento de diferentes técnicas artísticas créase o espazo escénico e a escenografía, elemento decisivo nunha montaxe teatral. (15 prazas). |
||||||||||||||||
AXENDA DA EMT |
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||