Ultimas novas de Xerpo Área artística Área de formación Área de xestión Área de servizos Algo sobre Xerpo paxina principal
 
 

A área de formación de Xerpo Cultural é a responsable da organización de todo tipo de actividades formativas. Ó longo da traxectoria da Compañía organizáronse diferentes actividades dirixidas a grupos moi heterogéneos apostando sempre pola innovación e dende a creencia de que o teatro é unha valiosa ferramenta pedagóxica.

Dende a convicción e que a cultura non é tal se non ten o seu cerne na propia comunidade, Xerpo concibe a formación teatral como un medio, non só, de aprender a facer teatro, senon como unha forma de achegarse a él, comprendelo e ser capaz de disfrutalo como espectador con capacidade crítica. Cando as persoas alcanzan esa capacidade en calquera ámbito e se empapan nel comezan a ser os protagonistas da cultura nos seus pobos. É por isto que Xerpo, ademáis de traballar dende a administración, considera importante o traballo dende as asociacións culturais e veciñais, pois son grupos de acción formados pola propia comunidade.

Dende esta perspectiva, a Cia de Teatro conta cun currículum formativo moi diverso: Cursos intensivos de verán e  inverno, formación continuado ao longo do curso escolar, actividades de animación á lectura (localizadas nas bibliotecas municipais), campos de traballo, preparación a grupos para a presentación de espectáculos a certámenes…

Os obxectivos de cada unha destas actividades varían en función do que interese traballar e a formación adáptase, en todo momento, ao grupo ao que vai dirixido (rapaces, adultos, persoas con discapacidade…). En todo caso, a formación teatral vai moito máis alá da interpretación que, si ben é a súa faceta máis coñecida, non é a única nin ben soa. A través do teatro trabállanse diferentes e importantísimas áreas como son a memoria, a vocalización, a locuacidade e a capacidade de falar en público, a expresión corporal, a imaginación e creatividade ou a concentración… entre outras moitas.

Por último, recorordar que o “benfacer” de certas actividades por parte dalgunhas comunidades non é unha cuestión innata  dos cidadáns que a conforman. Temos un bo exemplo en todas as comunidades que contan cunha escola de música e asisten, co paso do tempo, á aparición de difentes e interesantes iniciativas musicais entre os seus veciños. A verdadeira cultura do pobo xorde do propio pobo e, para isto, o primeiro paso e contar cunha posibilidede cercana, accesible e de calidade para formarse.