Productos |
| "Salpicados" |
| Lúa Conluvas |
| Pinico |
| Clases |
| Teaming Empresas |
|
|
Salpicados
Montaxe de alta calidade escénica, onde se pode disfrutar dun teatro en estado puro, destacando o traballo actoral e o texto da peza, onde por momentos asistimos a escenas cargadas de frescuras e noutro sumerxímonos na angustia existencial que padecen os seus tres personaxes:
- Muller-Soa: Keka Losada.
- Home-Espido: Alejandro Sobrino.
- Persoa-Soa: Samuel Merino.
Na concepción artístico-técnica do espectáculo están: Cris Leirós, Jorge Bolado Moo e Irene Moreira.
Dirección de: Irene Moreira.
máis... |
 |
Pirdidiños
Son dous actores en zancos que fan de turistas americanos que se perderon nese pobo, preguntan constantemente e tentan impoñer a súa cultura dun xeito completamente cómico.
Un espectáculo baseado na interactuación co público, na improvisación, o humor e a cultura. É de exterior e non precisa de montaxes. |
 |
Faustino Canino e as súas Feras.
Trátase dunha animación de rúa na que participan dous zancudos dobres (as feras) e un domador (Faustino Canino). Faustino chega a vila con dous montruos impresionantes que cazou na Siberia, son animais en perigo de extinción, denomínanse “Xabarneiros”, pois son unha mestura entre Xabarín e Carneiro, tenta a toda costa vendelos ao público da vila como un vendedor de milagres. A animación causa impacto polo impresionante das feras. Opcionalmente introdúcese un malabarísta con monociclo e mazas con lume. |
 |
Pinico
É un pallaso que usa técnicas de mimo e clown, interpretado polo actor Alejandro Sobrino, que chega ao escenario cun problema sinxelo pero a cada paso que dá para solucionalo aparecen problemas novos, no espectáculo aprecen técnicas como: globoflexia, malabares, monociclo… |


|
Lúa Conluvas e Andreu Chapeu
son dous contacontos que realizan animacións infantís de animación á lectura en Bibliotecas Centros Culturais e Colexios. Cada sesión é un conto novo con xogos didácticos que axudan a desenvolver a creatividadde dos máis pequenos, ao tempo que lle inculcan bós hábitos de lectura. No ano 2007 a Biblioteca do Centro Cultural do Porriño levou o primeiro premio María Moliner ás bibliotecas gracias a este programa e a xestión do Centro Cultural.
Lúa Conluvas volve a estar con todos os nenos e nenas nas animaciñons á lectura dos xoves no Centro Cultural do Porriño, de 18:30 a 19:30, percorrendo países, contos e froita con todos. |
 |
"Antibióticos"
Novo espectáculo de divulgación Científica.Este espectáculo dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos fala do perigo do mal uso dos antibióticos mediante xogos, animacións, videos, regalos, música e máis. Supervisado e asesorado polo doutor Esteban Fernández e o laboratorio de investigación do Hospital da Coruña.
Máis...
|
|
|